Concellos

A Xunta apoiará a construción dunha residencia de maiores en Lobios

A alcaldesa presenta o proxecto ao conselleiro de Política Social
Un momento da reunión mantida entre Rey Varela e Yáñez.
Un momento da reunión mantida entre Rey Varela e Yáñez.

A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, visitou hoxe ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela co obxectivo de abordar as estratexias futuras en materia de coordinación da atención social aos cidadáns. Entreas cuestións debatidas, a rexedora presentou ao titular autonómico o proxecto de construción dunha residencia de maiores que contará co apoio do goberno autonómico.

Por outra banda, alcaldesa e conselleiro salientaron a importancia do incremento de 2.700 horas anuais -até acadar as 10.140 horas ao ano- no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para 2016 que fará que a cobertura do servizo chegue practicamente á totalidade da poboación que o precisa (99,88%).

Artigos relacionados

Back to top button