
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Días, o alcalde, jesús Vázquez, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentou hoxe as actuacións do Plan de Sendas de Galicia na comarca de Ourense. Aquí está previsto que se executen 13 novas sendas, que suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.
Segundo as previsións baralladas polo goberno autonómico, todos os proxectos das sendas de Ourense estarán en redacción antes de fializar o ano, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo.
Neste proxecto inlcúense sendas nos parques empresariais, A Ponte Sevilla, A Derrasa, Montealegre, A Medorra, Valdorregeuiro, Reza, Paiseo, Rabaza, Perdigón, Santa Baia e As Vendas.