OurenseÚltima hora

A Xunta vai monitorizar os recursos hidrotermais das Burgas

Este estudo permitirá saber se hai augas termais suficientes para poder abastecer a un Hotel-Balneario na zona
Piscina termal das Burgas.

A Xunta de Galicia vai avaliar os recursos hidrotermais da zona das Burgas, en Ourense. Así apareceu publicado hoxe, 4 de setembro, no Diario Oficial de Galicia, mediante unha resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 29 de agosto.

En concreto, este servizo consiste en “definir e implementar unha rede de control monitorizada do recurso hidrotermal da zona das Burgas, xa sexa nacente ou bombeado”, explicaron dende o Concello. De forma que, mediante o seguimento da instrumentalización disposta para o efecto se poidan conseguir os datos necesarios para unha avaliación hidrotermal da zona. En canto ao orzamento base de licitación é de 125.598 euros.

O alcalde, Jesús Vázquez, lembra que este procedemento iníciase logo das negociacións coa Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de cooperar entre ambas administracións para establecer unha rede de control monitorizada do recurso hidrotermal nesta área da cidade, para acadar unha avaliación precisa da situación hidrotermal no entorno de As Burgas.

” O importante é que, grazas a isto, saberemos con que recursos contamos para poder levar adiante o plan da área termal das Burgas”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez, que explicou que para que nesa zona se poida abrir un Hotel-Balneario “fan falta dispoñer de 5 litros ao segundo como mínimo, e non sabemos se contamos con esa cantidade”.

Artigos relacionados

Back to top button