ConcellosÚltima hora

A Xuntanza Cabalar de Barbadás reunirá a máis de 200 xinetes de toda Galicia este domingo

Os cabalistas cualifican esta ruta como unha das máis bonitas de Galicia.

 

Máis de 200 xinetes e amazonas procedentes de diferentes puntos de Galicia participarán na tradicional Xuntanza Cabalar de Barbadás, que este ano vai pola súa décimo segunda edición. O campo de fútbol da Veringuela (Bentraces) é o lugar escollido para que este domingo, 9 de abril, se celebre esta xa consolidada cita.

Segundo comentou o presidente da Asociación de Cabalistas, Jorge Castro Otero, a Xuntanza Cabalar de Barbadás está considerada por moitos cabalistas coma “unha das rutas máis fermosas que celebrarán durante o ano”. E falando do percorrido, este transcorrerá polo monte de O Castro, dende onde se poden divisar so concellos limítrofes coma Cartelle, A Merca, Toén e Ourense.

O propio presidente asegurou que “a xuntanza de Barbadás contaba con pouca relevancia no mundo do cabalo ata a creación desta festa que, co paso do tempo, foi incorporando afeccionados e aumentando o grado de implicación dos veciños de Barbadás”. E apuntou que esta ruta converteuse nunha das máis consolidadas a nivel provincial e autonómico.

A xornada iniciarase cara ás dez e media da mañá e a duración aproximada do percorrido, din dende o Concello, de dúas horas e media. Á metade do itinerario haberá un avituallamento para os participantes.

Fontes do Concello aseguran que no xantar que haberá ao rematar o percorrido polos montes da zona está prevista a asistencia de 300 comensais que degustarán produtos autóctonos e gozarán dunha charanga.

 

Ao rematares o paseo haberá un xantar popular con produtos típicos e unha charanga.

Artigos relacionados

Back to top button