OurenseÚltima hora

Os equipos de extinción traballan nun incendio declarado nunha nave en Barbadás

 

Os equipos de extinción traballan para atallar o incendio declarado nunha nave sen actividade en Barbadás, tal como informan dende o 112 Galicia, destacando que “ningunha persoa resultou ferida e os traballos son complexos debido á gran cantidade de materiais almacenados no interior, entre os que se contan lixo, varias bombonas e, sobre todo, mobles de madeira”.

Era un particular que, ao fío das 11 horas, contactaba co 112 Galicia explicando que “estaba ardendo unha antiga granxa de polos na rúa da Cotromela” e confirmando que se trata “dunha nave sen actividade, pero cunha gran cantidade de materiais almacenados”.

De inmediato, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, do GES do Pereiro de Aguiar, da Garda Civil, de Protección Civil e da Policía Local de Barbadás. Tamén colabora o distrito forestal da zona, dependente da Consellería de Medio Rural, sendo informados o GES de Terras de Celanova e aos Bombeiros de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button