CulturaCulturaÚltima hora

Xuntanza dos antigos alumnos de Santa Leonor en Trives

Participantes na xuntanza deste ano no exterior do Colexio de Santa Leonor.

Na capela do que, décadas atrás, era o seu centro de ensino, iniciábase a XIII Xuntanza da Asociación de Antigos Alumnos de Santa Leonor de Trives. Ás once da mañá do 12 de agosto celebraban unha misa e, de seguido, comezaba a súa asemblea anual. Despois os asistentes realizaban a tradicional foto de grupo e compartían un xantar nas instalacións deste antigo colexio.

Pola tarde, un dos integrantes da asociación, Paco Cossio, colaboraba, un ano máis coa Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives, cun concerto de instrumentos antigos na praza Doutor Paz.

Artigos relacionados

Back to top button