A RúaConcellosÚltima hora

Xuntanza na Rúa da promoción do 74 do CEIP Manuel Respino

 

Co Nadal ás portas, decembro é sempre un mes de reencontros. Familiares, de amigos e tamén de compañeiros de clase.

E iso foi precisamente o que fixeron un grupo de compañeiros da promoción do 74 do CEIP Manuel Respino da Rúa. En torno a unha vintena reuníase na noite do sábado 3 de decembro (en plena ponte da Constitución) para lembrar vellos tempos en torno a unha cea.

Algúns levaban tranquilamente 30 anos se verse e moitos viven fóra, por iso o encontro foi, se cabe, máis emotivo. A primeira copa foi no Bar 4 onde coincidiron coa profesora de Matemáticas, Doña Lolita, e xa despois foron ao Mesón O Toño para cear.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button