ConcellosÚltima horaVilamartín

Xuntanza veciñal para recoller plásticos no encoro de Santiago, río Leira, o 10 de marzo

Está organizada polo club de pesca deportiva Spinning Valdeorras e o Concello de Vilamartín

Recollida de lixo o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis, uns días antes do inicio da tempada de pesca, o club Spinning Valdeorras organiza unha recollida de plásticos en colaboración co Concello de Vilamartín de Valdeorras. Será o domingo día 10 de marzo dende as 9 horas no pavillón de Vilamartín de Valdeorras e nesta ocasión centraranse no Encoro de Santiago, río Leira.

Dende a entidade deportiva fan un chamamento para esta xuntanza veciñal “por un futuro sostible”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button