Parada de Sil celebraba neste sábado 5 de novembro a súa XIV Andaina da Castaña de maiores, pero tamén a andaina en versión infantil, nunha agradable xornada. Os cativos realizaban un percorrido de marcado carácter etnográfico con explicacións sobre castañas, carrozas, sequeiros, lavadoiro…Así os participantes desfrutaban dunha mañá soleada e podían apreciar as singulares cores das follas dos viñedos en outono nun dos tramos
Estas dúas actividades promociónaas o Concello de Parada de Sil en colaboración co Club de Montaña Ribeira Sacra “para impulsar un turismo activo entorno á natureza e á posta en valor da paisaxe”, tal e como di o seu alcalde, Aquilino Domínguez. Ademais o rexedor considera que esta xornada de deporte e etnografía resultaba “todo un éxito” e, nese senso, agradece a participantes e colaboradores a súa presenza. O programa deste sábado completábase co tradicional magosto de Parada de Sil.
Fotos cedidas.