CulturaCulturaÚltima hora

O XXVIII FETEGA enche de teatro a vila do Arenteiro

Dende hoxe e ata o día 9, pasarán polo Carballiño ata dez compañías galegas
Sergio Pazos e Ernesto Chao, dous dos actores que actuarán no Carballiño.

Hoxe, martes 5 de setembro, o Festival de Teatro Galego FETEGA, abre o pano da XXVIII edición cun completo programa de actividades que se estenderá ata o 9 de setembro no Carballiño.

O programa arranca ás 22:30h. no Auditorio Municipal coa obra “Eroski Paraíso” da compañía Chévere; e ao día seguinte será a quenda para “A canción do elefante” da compañía Redrum Teatro. O xoves 7 de setembro, actuará a compañía Inherente Teatro coa obra “Dramaturxia das mulheres” e, ao día seguinte, Triatreros con “Impronews”. O sábado 9 de setembro, tocaralle o turno a Sergio Pazos con “Afiando con humor” e ese día será tamén a gala e entrega dos Premios Fetega Dorotea Bárcena. O custe das entradas para estes espectáculos será de 10 euros.

Por outra banda, ás 19:30h. no Anfiteatro, celebraranse actuacións para as cales a entrada será gratuíta. Comezan hoxe con “Welcome” da compañía Duelirum; e ao día seguinte será “Lila Star” da compañía Vueltos de Rosca. O 7 de setembro actuará a compañía Pistacatro coa obra “Escola de saltimbanquis” e o día 8 será a quenda para a compañía Nono Productions coa obra “Nono”. O día 9 actuará a compañía IO coa obra “Contiguo”.

O programa do FETEGA complétase con actividades paralelas que abranguen desde animación na rúa, obradoiros de “improvisación escénica” e “novas linguaxes escénicas”, ata unha conferencia de Teatro Posdramático Galego.

Artigos relacionados

Back to top button