
Con moi bo sabor de boca volvían os cinco corredores do Club Peña Trevinca Barco, de Esposende (Portugal), onde participaban na penúltima proba da Liga Inter-Rexional de Orientación celebrada esta fin se semana sobre uns esixentes mapas.
No que respecta aos resultados dos orientadores do club barquense, destaca o espectacular segundo posto de Yevheniya Chystyakova, corredora da selección galega, na categoría absoluta elite feminina.

Ademais, Martina Aller era segunda en D12; Mailén Aller terceira en D16; Iván Ramos cuarto en H21A; e Pablo Aller décimo en H45.
A vindeira fin de semana, o Peña Trevinca participará no campionato galego de media distancia no Grove e posteriormente na última proba da Liga Española de Orientación, en Alhama de Murcia (Murcia) no que será un fin de tempada de gran nivel para o club.