EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Zaragoza réndese aos viños da D.O. Monterrei

 

Máis dun cento de asistentes veñen de participar nas nas actividades programadas polo Consello Regulador da D.O. Monterrei en Zaragoza. Ao longo de dúas xornadas, os tintos e brancos da denominación foron protagonistas absolutos dunhas accións destinadas a escolas de hostalería, membros do sector da restauración, hostalería e sumillería, entre outros. Entre elas figuraba un Túnel do Viño na Enoteca Khantaros, o relatorio ‘As portas do viño de Galicia: Monterrei’, e unha Masterclass para a Asociación de Maîtres e Profesionais de Sala de Aragón.

Entre os asistentes ás devanditas actividades había representantes do complexo hostaleiro Aura de Zaragoza, Restaurante Taberna 1941, La Pulpería de Zaragoza, Grupo La Mafia, Arte Beerland, Hábitat Sella de Zaragoza, Sobrelías Gastro de Barbastro, Restaurante Wenceslao, Hotel Zentro, Distribución Rezusta, I.E.S. Miralbueno ou socios do Club de Viños da Enoteca Khantaros, entre outros.

As tres actividades programadas permitiron mostrar, aos participantes, as características edafoclimáticas, variedades de uva, tipoloxía de viños e cultura vitivinícola de Monterrei, entre outras cuestións; ademais de coñecer as diferentes elaboracións da denominación. Así mesmo, a Masterclass descubriu o potencial de maridaxe dos viños de Monterrei con diferentes elaboracións gastronómicas de Aragón, como xamón de Teruel DOP e AOVE Sierra do Moncayo, queixo de vaca de Bal de Brotou, costillicas de ternasco de Aragón IGP, trenza de Almudévar ou migas aragonesas, entre outras. As adegas que formaron parte das actividades programas en Zaragoza foron: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).

“A realización desta iniciativa permitiu xuntar a diferentes sectores, complementarios e necesarios entre eles, e así mostrar o noso potencial vitivinícola en Zaragoza”, manifesta Jonatás Gago, presidente do Consello Regulador da D.O. Monterrei, “realzando as peculiaridades que fai que sexamos unha denominación única”.

Artigos relacionados

Back to top button