Dende hai apenas un mes O Barco de Valdeorras conta cun novo local de beleza unisex. No mes de maio Claudia Martínez abría con moita ilusión as portas de Z&C Peluquería Estética na avenida da Estación Nº 1, o seu primeiro proxecto empresarial froito de moito esforzo e sacrificio. Con apenas 33 anos e tras saír dun situación persoal difícil, hai tres Claudia decidía instalarse en Valdeorras. “Cheguei por amor e decidín quedar apostando por este negocio, a ver como nos vai”, di.
No salón de beleza, un gran local duns 170 metros cadrados, realizan todo tipo de tratamentos de estética. Masaxes, reflexoterapia, uñas acrílicas, peeling, cursos de microblading con certificado de participación,… “tamén traballamos como centro de prácticas para xente que vai a cursos e necesita un local para practicar, facemos contratos de formación”, explica Claudia, destacando que contan cunha zona infantil para que as nais que vaian facerse os seus tratamentos poidan deixan aos nenos xogando. O espazo está decorado por Cristina Fiesta que fai todo tipo de detalles para eventos (cristinacristina13dos@gmail.com).

Na sección de perruquería conta cun perruqueiro colombiano, Jorge Enrique, e entre outras moitas cousas están especializados en alisado de queratina, mechas californianas e extensións por encargo que son 100% de pelo natural. “Para todo o trenzado (trenzas africanas,…), contamos con Fernanda, unha xove colombiana moi boa, eficiente e responsable”, di Claudia, explicando que impulsan moito o traballo para a xente xove desempregada.
Tamén teñen moitas promocións. “De cera; domingo, luns e martes con cita previa; para eventos (vodas, bautizos, comuñóns) tamén imos a domicilio. Unha de lavado, corte e peiteado por 30 euros e outra para xubilados homes de 6 euros e mulleres de 8 euros (con tinte 12 euros)”, explica Claudia, engadindo que tamén venden aparatos láser domésticos de iodo a prezos moi competitivos ademais de adaptarse ás necesidades e horarios dos clientes sempre que poden.
Neste centro tratan de ser o máis humanos posible e están moi concienciados coa xente maior e polos máis desfavorecidos que o está pasando mal e con poucos medios. “Por exemplo xente que ten unha entrevista de traballo e se preocupa por dar unha boa imaxe, tratámola gratis e se ten un bo expediente e encaixa con este sector dámoslle prácticas e intentamos darlle un impulso”, conclúe esta xove emprendedora.
Dado que o local é tan grande, actualmente teñen un acordo coa propietaria para poder alugar algún espazo por 250 euros + mes de fianza. O establecemento ten catro estancias, utilizan dúas (a xeral e unha pequena para a sección de tratamentos de estética) e alugan outras dúas.
Para máis información e cita: 988 320 651 / 657 233 438.
Fotos: Mónica G. Bellver.






