CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

1-2 no partido de fútbol das Festas do Cristo entre CD Barco e UD Atios

 

Fin de semana de resultados negativos para os equipos de fútbol de Valdeorras e Viana do Bolo. Nesta segunda xornada de liga o CD Rúa perdía 4-1 no campo do Rocas; o CD Córgomo Vilamartín 1-2 en casa ante A Peroxa; o CD Viana 5-1 no campo do Sporting Celanova; e o CD Barco 1-2 en casa ante a UD Atios.

 

 

Como parte da programación deportiva das Festas do Cristo se presentaba o partido que na tarde deste domingo 15 de setembro enfrontaba en Calabagueiros ao Barco e o Atios. Era o primeiro partido da tempada en casa para os de Lino Estévez que viñan de gañar 0-4 a Xuvenil Ponteareas pero o partido poñíaselles pronto de costas cun temperán e dubidoso gol (a xente reclamaba fóra de xogo) nada máis comezar o encontro (minuto 2) que desestabilizou ao conxunto local.

 

 

Co 0-1 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, eran os do Porriño os que volvían marcar no minuto 49. Preto xa do final no 81′ Ariel recurtaba distancias co gol para os vermellos pero quedaban sen tempo nin acerto para máis e o colexiado pitaba o final co 1-2 favorable para os visitantes.

Cunha vitoria e esta derrota o CD Barco sitúase na metade da clasificación en Preferente Futgal. A seguinte cita será en Redondela contra o CD Choco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button