ConcellosÚltima horaVilamartín

1.250.000 euros para mellorar a marxe dereita do río Sil no Bañadoiro (Vilamartín de Valdeorras)

O presidente da CHMS e o alcalde deste municipio rubricaban hoxe o convenio de colaboración que posibilita estas actuacións

O presidente da CHMS asinando o convenio de colaboración co Concello de Vilamartín./ Foto cedida.

 

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín de Valdeorras, veñen de asinar hoxe o convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de mellora a marxe dereita do río Sil en “O Bañadoiro” no municipio de Vilamartín de Valdeorras.

José Antonio Quiroga sinalaba que este proxecto, que supón un investimento de 1.243.700€, será sufragado entre ambas as administracións, “en aras da colaboración institucional que este organismo de conca brinda aos distintos concellos situados na conca hidrográfica para a execución de proxectos de mellora dos nosos leitos fluviais e a súa contorna”.

O proxecto

As actuacións previstas mellorará unha superficie aproximada de 20.540 m2 e incluirán a eliminación do tráfico rodado na zona de paseo do río que se recuperará para carril bici de 2,5 m de ancho de dobre sentido con arboredo e paseo xeral en chan estabilizado de 3 m de ancho e adecuación de espazos verdes existentes resemillados en 200 m.

Ademais, procederase á recolocación do vial actualmente deteriorado situado no extremo Sur ao bordo do río Sil para trasladalo ao norte e xeraranse conexións peonís entre o vial e a actuación de paseo do río e as intervencións interiores como son a área de piscinas, a área de xogos infantís, entre outras actuacións.

“Este proxecto nace co obxectivo de ofrecer un mellor servizo a lugareños e visitantes, mellorando a oferta lúdico-fluvial da zona, reordenando a circulación de persoas e tráfico, e preservando os valores ambientais da mesma”, explicou o presidente da CHMS.

Artigos relacionados

Back to top button