ConcellosLaroucoÚltima hora

100.000 euros para mellorar a subministración eléctrica en Larouco e para dar conexión ás covas de Seadur

Obras que se están a realizar en Seadur (Larouco)./ Cedida.

 

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu preto de 100.000 euros en obras de mellora da calidade da subministración eléctrica no concello de Larouco (Ourense) e construíu unha nova liña de baixa tensión subterránea de ao redor de 500 metros, para dar subministración eléctrica ao conxunto etnográfico de Covas de Seadur, en Larouco, unhas antigas covas soterradas que se utilizan como adegas para elaboración de viño de Valdeorras.

Os traballos, cuxa finalización está prevista para o próximo mes de marzo, permitirán dar servizo ás máis de 70 Covas de Seadur e ás súas adegas, que conservaron a tradición vitivinícola romana neste enclave privilexiado da comarca de Valdeorras.

A distribuidora tamén realizou a reforma da rede de distribución eléctrica de baixa tensión no núcleo urbano de Larouco, minimizando o impacto visual do cableado eléctrico na contorna da igrexa.

“Ambas as actuacións permitirán aumentar a capacidade da rede de distribución do Concello de Larouco, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia”, segundo a distribuidora.

 

 

Presenza de UFD en Ourense e en Galicia

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia de Ourense máis de 11.200 quilómetros de rede de alta, media e baixa tensión, preto de 4.400 centros de transformación e dá servizo a máis de 250.000 puntos de subministración. A distribuidora eléctrica investiu nos últimos 5 anos máis de 60 millóns de euros en obras para o desenvolvemento e mantemento das redes eléctricas na provincia de Ourense, con obxecto de incrementar a fiabilidade e a calidade da subministración eléctrica.

Artigos relacionados

Back to top button