
O campo municipal de hóckey de Mariñamansa acollerá do 7 ao 9 de setembro, o XIII Torneo Internacional de Veteranos Octopus Hóckey Festival, organizado polo Club Deportivo Openno que participarán doce equipos procedentes de España, Alemaña e Holanda, oito en categoría masculina (maiores de 35) e catro en feminina (maiores de 30).
O sorteo dos emparellamentos deixou o cadro pechado para que o torneo comece este mesmo venres coa recepción aos equipos participantes. A competición propiamente dita iniciarase o sábado ás 9 horas e prolongarase ata as 13 horas do domingo, cando se procederá á entrega de trofeos.
Os equipos participantes son: en categoría masculina, CD Open (Ourense), Team Galicia (Vigo e A Coruña), Manzanares (Madrid), OH–Friends (Ourense), Blauweiss (Berlín–Alemaña), Black & White Tigers (Breda–Holanda), UHC Prinzen (Hamburgo–Alemaña) e o MHC Bommelerwaard (Zatlbommel–Holanda); e en categoría feminina, CD Open (Ourense), Maatjes (Leiden–Holanda), Oranginas (Ijsselstein–Holanda) e Manzanares (Madrid).
Ademais do alcalde de Ourense Jesús Vázquez e do concelleiro de deportes, Mario Guede, á rolda presentación celebrada na mañá do 4 de setembro no Concello de Ourense, asistiron o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González, os representantes do CD Open de Hóckey (Alberto Estévez, vicepresidente, Francisco Masid, vogal, e Javier Valencia, secretario) e Santiago Garza, da firma patrocinadora do torneo.
Máis información do torneo, en www.openourense.com