En portadaEn Portada EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

14 comparsas e 1 folión enchen de cor e fantasía o desfile de Entroido na Rúa

Unhas 400 persoas disfrazadas percorrían a estrada central da vila na tarde do 29 de febreiro

 

Hoxe si. Aínda que sempre pendentes do tempo e coa ollada no ceo, na tarde deste sábado 29 de febreiro, último día do mes, A Rúa celebraba por todo o alto o seu desfile de comparsas do Entroido 2020.

Inicialmente estaba previsto para sábado 23 de febreiro (en lugar do Martes de Entroido coma sempre), pero o falecemento dun dun veciño de 30 anos provocaba o seu aprazamento. A partir de aí, a data máis probable era este sábado aínda que as previsións meteorolóxicas aseguraban que o día ía estar pasado por auga.

 

 

Si choveu pero pola tarde e malia estar o tempo desapacible, nubrado e con vento, a auga respectou o desfile que saía pasadas as cinco da tarde dende a zona da Estación de Servizo, uns metros antes da Cooperativa Virxe das Viñas de onde tiña prevista a saída. Á cabeza da comitiva, o Folión de Buxán e pechando, a comparsa de Protección Civil. E entre medias, outras trece agrupacións de diferentes vilas da comarca (varias da Rúa, tamén de Rubiá, Quereño, Vilamartín,…) e tamén das veciñas San Clodio e Quiroga que nunca faltan á cita.

Coma sempre, despois de percorrer boa parte da rúa Campogrande e Progreso, o desfile remataba no fondo da rúa Doutor Vila. Alí, nas dependencias do Casino, as comparsas recollían as axudas concedidas polo Concello por participar.

 

 

Ademais do son tradicional do folión e das propias comparsas (circo, anos 80, S.W.A.T, astronautas, mexicanos, súper heroes,…) a charanga Solana de Verín acompañaba musicalmente o percorrido.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button