EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

15 Distincións Gallaecia para os viños da D.O. Ribeira Sacra

Publicidade
Foto: DO Ribeira Sacra.

 

A Asociación de Sumilleres Gallaecia vén de dar a coñecer as Distincións Gallaecia 2022. Os viños distinguidos neste concurso son resultado dunha dobre cata, a primeira nos Consellos Reguladores das D.O. e a segunda con viños de mercado para coñecer o viño que chega ao consumidor final. Todos os viños Distinguidos superaron o corte de 84 puntos (ficha cata O.I.V.). Dos viños catados 110 pertencían á D.O. Ribeira Sacra e obteñen Distincións Gallaecia 4 brancos, 1 rosado e 10 tintos.

Os Distinguidos Gallaecia nesta D.O. en brancos son:
• Almalarga 2020 de Alma das Donas S.L.
• Almalarga barrica 2019 de Ama das Donas S.L.
• Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago S.L.
• Sollío 2021 de Álvarez Rodríguez, Juan Alberto

En rosados recibe Distinción Gallaecia:
• Abadía da Cova rosado 2021 de Adegas Moure S.A.
Os Distinguidos Gallaecia en tintos son:
• Adobe 2021 de Rectoral de Gundivós S.L.
• Alma3once Barrica 2019 de Alma das Donas S.L.
• Carcava 2019 de Don Bernardino S.L.
• Cruceiro Rexio 2018 de Marcos Fernández, Ramón
• Don Bernardino Finca Mezquita 2016 de Don Bernardino S.L.
• Ibio 2019 de Don Bernardino S.L.
• Melanio 2017 de Don Bernardino S.L.
• Origen 2019 de Regina Viarum S.L.
• Porto De Lobos 2017 de Adega Ponte Da Boga S.L.
• Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas De Rectoral De Amandi S.A.U.

Nesta 20 edición, máis de 50 catadores cataron 638 referencias (incluíndo 50 mostras IXP Augardentes e licores tradicionais de Galicia). O concurso consolídase como un dos mellores concursos de viño, non só en Galicia, se non no territorio nacional.

Datos da vendima

Despois da primeira fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra supérase o millón de quilos recolleitos

Das 92 adegas que vendiman nesta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 54 están vendimando, 4 finalizaron a recollida e 34 aínda non comezaron. Tras a primeira fin de semana de vendima oficial entraron en adega 1.257.299 quilos de uva. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas
• Mencía 761.545 quilos
• Merenzao 41.002 quilos
• Brancellao 7.191 quilos
• Caíno tinto 12.405 quilos
• Garnacha 16.847 quilos
• Mouratón 2.384 quilos
• Tempranillo 501 quilos

Variedades brancas
• Godello 334.447 quilos
• Albariño 49.150 quilos
• Treixadura 20.852 quilos
• Dona Branca 3.632 quilos
• Branco Lexítimo 278 quilos
• Torrontés 1.163 quilos
• Loureira 935 quilos

Artigos relacionados

Back to top button