O sábado 30 de novembro a Asociación Cultural A Caniceira e o seu grupo As Macizas Centrais celebran a 19ª edición dos Cantos de Taberna na Pobra de Trives. A cita dará comezo ás 18:30 horas na Praza do Pilón e ofrecerá unha oportunidade única para gozar da música tradicional galega en vivo.
Un total de 15 grupos musicais participarán neste evento que se desenvolverá en 10 bares do municipio, e que permitirá aos asistentes desfrutar de distintas actuacións ao longo de toda a tarde-noite.
Desde a Asociación A Caniceira convidan a veciños e visitantes a achegarse a esta xornada de música e tradición nos “cantos máis antigos da provincia”, din.