EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

16 medallas para a D.O. Ribeiro nos Premios Baco colleita 2020

 

A Denominación de Orixe Ribeiro vén de colleitar un total de 16 medallas no concuro Premios Baco, correspondentes aos viños da última colleita, a 2020. Así o Mónica Albor Tinto (Mencía, Sousón Caiño Tinto) recibiu o Gran Baco de Ouro Premio Luís Hidalgo (viño con maior cualificación de todos os rexistrados) converténdose así no Mellor Viño Tinto do concurso.

Pola súa banda, o viño Ramón do Casar obtivo o Gran Baco de Ouro o que o sitúa como o Mellor Viño Branco do concurso. Ademais, o Baco de Ouro (puntuacións entre 88 e 92 puntos) recaía nas referencias vinícolas: Ou Cotarelo, Vilerma Sousón, Cunqueiro III Milenium, Casal da Barca Selección, Tear dos Dodi, Eduardo Pena, Ramón do Casar Treixadura, Modus Vivendi e Tamborá. Por último, nos viños Terra Minei, Vilerma Treixadura, A Telleira Treixadura, Gotas de Mar Godello e Ramón do Casar Nobre recaeron os galardóns de Baco de Prata (puntuacións entre 84 e 88 puntos).

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares, expresa as súas felicitacións a todas as adegas premiadas e asegura que “estes resultados, xunto cos obtidos tanto no Decanter como no Concours Mondial de Bruxelles, non fan máis de que referendar que á D.O. Ribeiro a chegada da pandemia afectoulle dun modo dobre: un, en canto ás vendas, como ao resto, e outro que parou o camiño ascendente, debido a que tanto para min como para moita outra xente, o Ribeiro é a denominación de orixe cunha maior capacidade de proxección no curto/medio prazo. Entendo que recibindo estes galardóns demóstrase que se achega unha nova primavera para o Ribeiro”.

Os galardóns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata son outorgados polos cincuenta xuíces, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron en cata a cegas a totalidade de viños participantes. “Medallas de indiscutible valor promocional para os mellores viños novos de España cuxa repercusión potenciará o organizador do concurso, a UEC”, din dende a D.O. Ribeiro.

Artigos relacionados

Back to top button