SanidadeÚltima hora

179.080 euros para completar a renovación das camas do Hospital de Verín

A licitación permitirá a compra dun total de 40 camas, mesillas e sillóns de pacientes para completar a renovación deste equipamento no hospital

Exterior do Hospital de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A páxina do perfil do contratante da Xunta de Galicia recolle a licitación para a compra, por un orzamento de 179.080 euros, de 40 camas e outras tantas mesillas e sillóns para pacientes, para completar a total renovación deste equipamento no Hospital Público de Verín.

A licitación, pola vía de urxencia, inclúese dentro dun contrato de subministración de distinto equipamento médico e de uso médico para os hospitais públicos de A Coruña, Vigo, Verín e Valdeorras, no que a Área Sanitaria de Ourense benefíciase dunha partida de 653.642 euros.

Cara a adxudicación valoraranse especialmente criterios como a extensión da garantía, accesibilidade dos equipos e, no caso das camas, valoradas en 2.500 euros a unidade, tamén a inclusión de novas tecnoloxías, como incorporación de pesaxe do paciente, ou incluso monitorización remota de todas as camas, ademais doutros orientados a mellorar a funcionalidade como os colchóns antiescaras por aire, as rodas ou ás facilidades para acoplar osixeno, portasoros, etc.

Novo edificio para atención de urxencias

Ademais deste novo investimento en equipos, a Xunta de Galicia ven de licitar, por preto de 4 millóns de euros, as obras de ampliación do Hospital Público de Verín, que aumentará en 1.488 metros cadrados o centro, coa construción dun novo edificio que acollerá un novo e mais amplo Servizo de Urxencias e o Punto de Atención Continuada (PAC).

Ademais das obras de ampliación procederase a renovación da cuberta do hospital e a instalación de paneis fotovoltaicos, que permitirán coxeneración eléctrica e limitar a dependencia das fontes enerxéticas habituais.

Artigos relacionados

Back to top button