DeportesÚltima hora

180 pilotos de 26 países disputarán, na contorna da estación de Manzaneda, o Rallye Hispania

Do 16 ao 23 de outubro os pilotos competirán ao longo de 1.500 quilómetros de percorrido para motos, quads e SSV ou buggys

Publicidade
Os organizadores do rallye co presidente da Deputación.

 

Os organizadores da III edición do Rallye Hispania, os directivos do Motoclub A Peroxa Manuel Quintas, presidente, e Javier Quintas, reuníanse na mañá deste martes 6 de xullo co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, para analizar os detalles desta proba de resistencia, navegación e velocidade para motos de montaña e quads, que reunirá do 16 ao 23 de outubro na contorna da estación de montaña de Manzaneda a 180 pilotos de 26 países.

Trátase do único rallye internacional Tour Terrain en España e o primeiro rallye europeo con roadbook a cor, no que durante cinco días, os pilotos competirán ao longo de 1.500 quilómetros de percorrido para motos, quads e SUV. O obxectivo do evento é unir a beleza natural das paisaxes do oriente ourensán e da contorna da estación de Manzaneda cun dos deportes máis mediáticos do mundo, nunha proba intensa e para todos os niveis de pilotaxe, sendo un verdadeiro test para o obxectivo do Rally Dakar, afirman os organizadores.

 

Vista panorámica da Estación de Montaña Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button