Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

1º posto para Mailén Aller (Peña Trevinca Barco) na proba da liga galega de orientación disputada na Coruña

A deportista do club barquense subía ao alto do podio en F16 na distancia sprint

Foto de arquivo de Mailén Aller nunha competición./ Foto cedida

 

Na mañá deste sábado 9 de outubro disputábase no mapa da Cidade Vella-María Pita-Peixaría (A Coruña), a primeira proba da liga galega de orientación en distancia sprint, na que participaban 7 deportistas do Club Pena Trevinca Barco, rexistrados nas diferentes categorías.

O resultado máis destacado para o club barquense era na categoría F16, na que Mailén Aller conseguía o primeiro posto, mentres Francisco Camba en M45 e Pablo Aller en M50 subían ao terceiro chanzo do podio. En F45 Montserrat Mariñas facíase co 4º posto mentres a súa compañeira de club, Remedios Durán acababa en 7º posto. Completaron a clasificación Martina Aller, 6º en F12 e José Manuel Soto tamén 6º en M45.

Tal como adiantan dende o Peña Trevinca, a orientación a pé volverá a terras ourensás o vindeiro 23 de outubro para celebrar a 6ª proba da liga galega na localidade de Bande. O domingo 24 a cita será na área recreativa de Barbantes Estación (Cenlle), onde se celebrará Copa Deputación de Ourense 2021 para os federados de toda a provincia.

Artigos relacionados

Back to top button