DeportesÚltima hora

2 martelistas Sub20 adestrados polo barquense Carlos Revuelta, ouro no nacional de lanzamentos longos de categorías menores

Carlos Revuelta (no centro) cos atletas aos que adestra, Irene Gómez e Juan Jiménez./ Foto cedida.

 

Dous atletas adestrados polo lanzador de materlo barquense Carlos Revuelta veñen de facerse co ouro no Campionato de España de lanzamentos longos para categorías menores, celebrado este pasado sábado en Castellón.

En concreto na categoría Sub20 masculino, cun peso de 6 kg, o triunfo foi para o malagueño Juan Jiménez, que leva xa dúas tempadas ás ordes de Revuelta no CAR da Residencia Blume de Madrid, cunha mellor marca de 73 metros e 7 centímetros, o que supón a cuarta mellor marca da historia na categoría.

Pola súa banda, na proba feminina Sub20, a vencedora foi a viguesa Irene Gómez, que no seu primeiro ano co adestrador valdeorrés, fíxose tamén co ouro, cun mellor lanzamento de 55 metros e 42 centímetros, neste caso co artefacto de 4 quilos. Os dous volverán competir o día 27 en Montijo no Campionato de España absoluto, onde entrarán na loita polo podio co seu propio adestrador.

Revuelta mantén a esperanza de poder asistir cos seus dous atletas aos campionatos europeo e mundial da categoría Sub-20 que se celebrarán, respectivamente en Tallínn (Estonia) e Nairobi (Quenia) o próximo verán.

Artigos relacionados

Back to top button