Nova xornada tráxica en Galicia con ata 21 novos falecementos nas últimas horas de persoas que estaban diagnosticadas por coronavirus, catro delas na provincia de Ourense, tal e como vén de notificar a Consellería de Sanidade.
Trátase dunha muller de 87 anos, que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que procedía da residencia Nosa Sra. dos Miragres de Barbadás, dun home de 85 anos que faleceu no CHUO e que procedía da residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar, dun home de 91 anos (faleceu na Residencia de Salvaterra de Miño). Ademais falecía un home de 72 anos que estaba na residencia Nosa Sra. dos Miragres de Barbadás.
Na área sanitaria da Coruña perdían a vida outros catro homes de 84 anos, de 98 anos, de 82 anos e de 84 anos que estaban no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ademais falecía un home de 60 anos no Hospital Lucus Augusti e que procedía da residencia Vivienda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada; e un home de 68 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra.
A área sanitaria de Vigo rexistrábanse outros 7 falecementos: unha muller de 91 anos e outra de 85 anos na residencia de Salvaterra de Miño, unha muller de 91 anos, un home de 83 anos, un home de 78 anos (que vivía na Residencia de Salvaterra de Miño) e un home de 86 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. “Nesta área hai que engadir outro falecido máis que se nos notificou a última hora, polo que aínda non temos dos datos de idade é sexo”, segundo informa Sanidade.
Finalmente, no Complexo Hospitalario Universitariod e Ferrol falecían un home de 74 anos, unha muller de 84 anos, un home de 81 anos e unha muller de 89 anos.