OurenseÚltima hora

24 bibliotecas municipais da provincia de Ourense participan no programa “Ler conta moito 21”

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, explicou que estes concellos recibiron preto de 23.000 euros da Xunta para desenvolver actividades de dinamización da lectura

 

24 concellos da provincia de Ourense recibiron preto de 23.000 euros da Xunta para desenvolver actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito 21 nas súas bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Así o explicaba o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na visita realizada á biblioteca do Concello de Taboadela.

Gabriel Alén explicou que en Galicia un total de 180 concellos benefícianse das axudas da Xunta de Galicia para as actividades de dinamización da lectura así como para o desenvolvemento do programa Ler conta moito nun total de 220 bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

A liña de financiamento ás entidades locais dotada con 195.000€ por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten o obxectivo de facilitar a posta en marcha actividades de animación á lectura sobre a base do catálogo Ler conta moito 2021. Este programa, que se desenvolve en colaboración coas entidades locais, ten como obxectivo contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Ademais de alentar a aprendizaxe, o desenvolvemento de actividades como estas de dinamización no ámbito da biblioteca permiten reforzar o seu carácter de espazo aberto.

Ao abeiro desta liña os concellos beneficiarios deberán programar ata o 25 de outubro un mínimo de dúas actividades polas que reciben unha achega que cubre ata o 75% dos gastos.

 

Artigos relacionados

Back to top button