EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

25 viños valdeorreses con Gran Ouro, na “Guía Paadín 2022”

A 12ª edición da "Guía de Viños e Destilados de Galicia", de Luis e Alejandro Paadín, vén de presentarse na D.O. Valdeorras

Luis Paadín, co presidente da D.O. Valdeorras, na presentación da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2022” na sede desta denominación./ Cedida.

 

Cunhas 560 páxinas a cor e sen publicidade, a “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2022” inclúe máis de 1.500 viños e destilados catados, máis de 500 adegas e destilerías de Galicia (a total das amparadas nas denominacións de orixe e indicacións xeográficas da comunidade) e máis de 2.000 referencias.

Este volume, que vén de presentarse na Denominación de Orixe Valdeorras a pasada semana, busca “ofrecer aos amantes do viño un amplo percorrido pola diversidade dos solos, variedades e elaboradores que hai en Galicia”, en palabras dos seus autores, Luis e Alejandro Paadín.

No acto de presentación, que contou coa presenza do presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, púxose en valor que este ano a Guía distingue con “Gran Ouro” (o máximo recoñecemento da publicación) a un total de 25 referencias valdeorresas. Co selo de “Ouro+” cualifícanse 23 viños, co de “Ouro”, un total de 75 e co de “Prata”, 37. En total son 160 as referencias de Valdeorras distinguidas na guía.

Entre os contidos desta 12ª edición da guía figuran mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada denominación de orixe galega e mapas litolóxicos e de relevo de todas ela. Ademais, cada un dos viños catados inclúen a orixe da uva en base a tres niveis: zona/rexión-concello/parroquia-parcela.

 

Outro momento da presentación./ Cedida.

 

Tamén se inclúe un buscar de viños por R.E.N. (Numero de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras, harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España e unha “novidosa árbore xenealóxica dalgunha das principais variedades ancestrais de Galicia, así como unha ampliación da recompilación de sinonimias e homonimias que vimos restacando do esquecemento, acadando máis de 300 nomes de uvas galegas”.

Outra das singularidades deste libro, cun prezo de venda ao público de 22 euros, é que se financia por micromecenado, é dicir polas aportacións de mecenas.


Distincións Gran Ouro
na Guía 2022

As referencias (e adegas) distinguidas coa Medalla Gran Ouro na presente edición da Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia son as seguintes:

• BRANCOS
• A Coroa Lías 2019
• 200 Cestos de A Coroa 2019
• As Sortes do Bibei 2018
• Avancia 2019
• Avancia Nobleza 2020
• Cepado Black Edition 2020
• Fardelas de Viñaredo 2019
• Finca Trasdairelas 2019
• Godeval 1986 2017
• Guitián +50 Meses 2014
• O Luar do Sil Sobre Lías 2017
• O Luar do Sil Vides de Córgomo 2019
• Sorte O Soro 2019

• TINTOS
• A Coroa Ladeira Vella 2017
• As Caborcas 2018
• Avancia 2019
• A Villeira As Ermitas 2018
• D’Berna “Ele” 2017
• Escada 2018
• Escada Lembranzas 2017
• Lagar do Cigur Mary Ginzo 2015
• Memoria de Ventura Garnacha Tintureira 2018
• O Diviso 2018
• Traste 2017
• Vella da Chaira do Ramiriño 2018

Artigos relacionados

Back to top button