OurenseÚltima hora

28 cativos saharauís visitan este verán Ourense acollidos por familias da cidade co programa Vacacións en Paz

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reciía onte no salón de plenos do Concello ás nenas e os nenos saharauís que desfrutan dunha estadía de verán na cidade, acollidos por familias ourensás, no marco do programa Vacacións en Paz que leva 35 anos desenvolvéndose en Galicia, e 32 na cidade de Ourense.

O acto contou coa asistencia de representantes das familias de acollida dos nenos e da presidenta, Maite Isla, da asociación Solidariedade Galega co pobo saharauí (Sogaps), que é a entidade que organiza esta actividade, coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense.

Son, en total, 28 nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados de Tinduf (Alxeria), que estarán en Ourense até o día 4 de setembro. O alcalde deulles a benvida á cidade e desexoulles unha feliz estancia en Ourense, convidándoos a desfrutar dos seus atractivos, e moi especialmente a acudir ás piscinas de Oira e Monterrei. Tamén felicitou o excelente traballo que realiza a asociación que organiza este programa, e a implicación das familias ourensás que acollen a rapazada nos seus fogares, xa que contribúen a reforzar a “estreita ligazón que existe entre Ourense e o pobo saharauí tras tantos anos con este programa. “Sodes parte da familia”, manifestou Pérez Jácome.

 

Artigos relacionados

Back to top button