DeportesKárateÚltima hora

3 medallas para o River Stone O Barco no Campionato Galego Absoluto e de Clubs de Karate

Lograba un ouro e un bronce por equipos (Xuvenil e Infantil Mixto) mentres que Enzo Prieto conseguía unha prata en Sénior Masculino

 

Na xornada do sábado 17 de febreiro celebrábase en Chantada (Lugo) o Campionato Galego Absoluto e de Clubs de Karate cunha ampla representación valdeoorresa da man dos dous clubs, River Stone O Barco e Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK.

O club do Barco de Valdeorras participou con dous equipos nas modalidades de Kata Infantil Mixto e Kata Xuvenil Mixto, conseguindo senllas medallas de bronce e ouro, respectivamente. Tamén o club da Rúa participou con dous equipos nas mesmas categorías, pero non lograba medallas. Ademais, Enzo Prieto (River Stone) participaba na modalidade de Kata Sénior Masculino obtendo unha medalla de prata.

 

 

Por parte do Club Karate River Stone integraban o equipo mixto de Kata Infantil con medalla de bronce: Raúl Pérez Panizo, Diego López Puey e Daniela Rodríguez Fernández. O eguipo mixto de Kata Xuvenil con medalla de ouro estaba integrado por Diego Prada, Aina Moral Castro e Nazan Barreda.

Pola súa banda, do Shotokan A Rúa Karate Club, formaban parte do equipo mixto de Kata Infantil: Laia Casas, Érica Martínez e Joel Fernández; mentres que do equipo mixto de Kata Xuvenil formaban parte Mateo Núñez, Iago Dobao e Iván Rodríguez.

A próxima cita no calendario será outro campionato galego, esta vez en versión individual, que terá lugar o 10 de marzo no pavillón municipal de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button