OurenseÚltima hora

Placebo presenta en Ourense o seu novo disco ‘Never Let Me Go’

O concerto da banda británica será este venres 26 de agosto ás 22:30 horas en Expourense

A banda británica Placebo.

 

Este venres, 26 de agosto Ourense acollerá unha das grandes citas musicais do verán en Galicia. A banda de culto británica Placebo actuará en Expourense no marco da súa xira internacional de presentación do seu último álbum, Never Let Me Go. O directo, que terá lugar a partir das 22:30 horas, será a única cita que a banda de Brian Molko e Stefan Olsdal ofreceza este ano en España fóra do cartel dun gran festival (Mad Cool e BBK Live).

Placebo é unha das bandas de rock alternativo imprescindibles dos últimos 25 anos, con máis de 13 millóns de álbumes vendidos en todo o mundo até o día de hoxe. Autores de himnos que marcaron a toda unha xeración, como Every You Every Me, Special Needs, Song to Say Goodbye, Special K ou Nancy Boy, este verán visitan Galicia para dar a coñecer o seu novo traballo discográfico, Never Let Me Go. 

Trátase do primeiro LP que publica a troupe logo de case unha década, desde Loud Like Love (2013), e inclúe sinxelos como Beautiful James ou Try Better Next Time, que tamén acumulan millóns de reproducións nas plataformas dixitais.

A banda estará teloneada por Moito! e Habitación Vudú cuxos concertos comezarán ás 20:30 horas.

Artigos relacionados

Back to top button