Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

3º posto para Mailén Aller (Peña Trevinca Barco) no campionato de España escolar de orientación

A deportista valdeorresa subía ao terceiro chanzo do podio na modalidade de distancia longa

 

De menos a máis foron esta fin de semana os resultados de Mailén Aller Pfirter, a deportista do Club Peña Trevinca Barco que representaba á selección galega no campionato de España escolar de orientación celebrado na localidade zaragozana de Daroca.

A cita deportiva reuniu a máis de 370 escolares de entre 12 e 16 anos e a máis de 65 entrenadores e delegados, en torno a catro competicións, dúas no Pinar de San Cristóbal e outras dúas no casco histórico de Daroca.

 

Mailén Aller Pfirter.

 

A xove valdeorresa participaba en tres delas. O venres remataba no posto 27º na de distancia media; o sábado no posto 24º na de sprint; e o domingo subía ao terceiro chanzo do podio coa medalla de bronce na de distancia longa, tal como explican dende o club, orgullosos dos éxitos da xove compañeira.

Fotos: María Piñeiro.

Artigos relacionados

Back to top button