AletismoBaloncestoDeportesÚltima horaVídeos

40 deportistas representarán ao Concello do Barco nos XV Xogos do Eixo Atlántico

O alcalde, Alfredo García, inaugurará o evento o 30 de xuño na localidade portuguesa de Vila Nova de Famalicão

 

A XV edición dos Xogos do Eixo Atlántico celebrarase nas cidades de Vila Nova de Famalicão e Braga, do 30 de xuño ao 5 de xullo. O 30 de xuño, pola tarde, celebrase a cerimonia de inauguración, que estará presidida polo alcalde do Barco e presidente da Asemblea do Eixo Atlántico, Alfredo García.

 

 

As modalidades deportivas nas que se competirán son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino.

 

 

O acto contará co desfile das delegacións que participan este ano e que reunirá preto de 2.400 inscritos, a cifra máis alta nos 30 anos de existencia dos Xogos. Representado ao Barco de Valdeorras, estarán 10 xogadores de baloncesto masculino, 10 xogadoras de baloncesto feminino, 10 participantes en atletismo masculino, e 10 en atletismo feminino. Todos competirán en Braga.

 

 

Un total de 40 deportistas que na mañá deste xoves 27 de xuño eran recibidos no Concello polo alcalde, Alfredo García e polo concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso. Acompañados polos seus adestradores, José Luis Gómez (baloncesto) e Agustín González (atletismo) recibían a equipación así como os mellores desexos de desfrute deste intercambio e de bos resultados.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button