DeportesKárateÚltima hora

5 medallas para o River Stone (O Barco) no Campionato Galego Infantil de Karate

A Federación Galega de Karate aproveitou a competición para presentar á súa mascota, Michiño

 

Un total de 23 karatekas valdeorreses participaban o sábado día 25 de febrero no Campionato Galego Infantil celebrado en Santiago de Compostela, onde o Club Karate River Stone lograba cinco medallas “moi pelexadas e merecidas”.

Nazan Barreda conseguía unha prata na categoría Kata Infantil Masculino, o metal máis alto para o club. O seu compañeiro de categoría, Jose Carrera, facíase co bronce. Pola súa parte, tamén Manuel Blanco lograba un bronce en Kata Alevín Masculino; e Leyre Paradelo e Laia Yáñez, facían o propio conseguindo tamén sendas medallas de bronce en Kata Benjamín Feminino. A destacar, os tres quintos postos de Raúl Pérez en Kata Alevín Masculino, Pablo Prada en Kata Infantil Masculino e Nicolás Rodríguez en Kata Xuvenil Masculino.

 

 

Para o outro club de Valdeorras, o Shotokan A Rúa Karate Club, SHARK, esta era a primeira participación nun campionato galego, e aínda que os seus karatecas no conseguiron subirse ao podio “supuxo para eles unha enorme experiencia de aprendizaxe”, asegura a sensei Raquel Rodríguez Cruz.

Os participantes do club rues foron Lucas García na categoría Kata Infantil Masculino, que caía antes do pase a semifinais sen opción de repesca, e Mateo Núñez e Iago Dobao en categoría Kata Xuvenil Masculino, quen concluía a súa actuación nas primeiras roldas, realizando moi bo traballo no tatami.

 

 

Neste campeonato tamén se presentaba a nova mascota da Federación Galega de Karate, Michiño que aparecía xunto a Karakan, a mascota da nacional. “Foi un acerto, os nenos pasárono en grande con eles e a entrega de medallas fíxose moi amena”, asegura Raquel, responsable do Shotokan A Rúa Karate Club e membro da directiva da Federación, recoñecendo que a Federación está facendo grandes esforzos nestos eventos deportivos para colocar o karate á altura doutros deportes, sendo Michiño unha mostra máis dese traballo.

A próxima cita disputarase en Ribadavia (Ourense), onde se celebrará a 2ª Xornada de Liga Galega o próximo 11 de marzo.

Fotos: RFGK e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button