EconomíaÚltima horaViticultura

64 viños da D.O. Ribeira Sacra, no certame “Mondial des Vins Extremes”

O evento está organizado polo CERVIM e terá lugar no val italiano de Aosta do 27 ao 29 de agosto

Imaxe dun viñedo na Ribeira Sacra. / Foto: cedida.

 

Un total de 64 mostras dos viños Denominación de Orixe Ribeira Sacra estarán presentes no certame internacional de viticultura de montaña “Mondial des Vins Extremes”. Este evento está organizado polo CERVIM (Centro de Investigación, Estudos, Salvaguarda, Coordinación e Valorización da Viticultura de Montaña) e terá lugar no de Aosta (Italia) do 27 ao 29 de agosto. Participarán 53 tintos e 11 brancos pertencentes a 36 adegas da D.O.

As denominacións que quieran participar neste certame deberán ter unha altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% ou sistemas de cultivo en socalcos. A D.O. Ribeira Sacra é un referente mundial no que se denomina viticultura de montaña ou viticultura heroica, con pendentes que chegan nalgúns puntos ao 80%.

Con esta iniciativa, o CERVIM busca poñer en valor a produción destas terras, con dificultades estruturais pero con viños singulares. O obxectivo é destacar as características únicas destas denominacións e dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais e o traballo da viticultura de montaña.

Artigos relacionados

Back to top button