ConcellosÚltima hora

76 efectivos da UME e 33 medios materiais, despregados en Valdeorras

Publicidade
Efectivos da UME xunto á praza de Viloira (O Barco)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Hai xa 76 efectivos da UME e 33 medios materiais despregados na zona de Valdeorras despois de que hoxe mesmo se activara un novo dispositivo da unidade de emerxencias para actuar nesta provincia. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, desprazouse ao posto de mando en Valdeorras para seguir os traballos contra o lume e está en permanente contacto cos mandos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) para supervisar o dispositivo.

 

 

Por outra banda, dende a Delegación do Goberno en Galicia tamén se informa de que na zona de Folgoso (Lugo) son preto de 60 efectivos UME e 22 vehículos. No conxunto de Galicia, a UME ten máis de 130 efectivos despregados e axuda a combater os lumes con máis de 50 medios materiais, que inclúen 4 avións, 2 FOCAS e un helicóptero Kamov, aos que se suman os medios aéreos da Garda Civil. A UME conta, ademais, con máis recursos en camiño.

Artigos relacionados

Back to top button