EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

800 persoas asisten ao X aniversario da festa gastronómica da Rúa

A cita gastronómica celebrábase na xornada do 28 de xaneiro no pavillón deportivo

Uns 1.500 codillos, 1.400 chourizos, 500 kg de patacas e 400 de grelos. Son as cantidades aproximadas que se encargaron para a X edición da Festa do Codillo da Rúa á que asistiron unhas 800 persoas o sábado 28 de febreiro, no pavillón deportivo da vila. O menú era o de sempre, pero con pequenas novidades que gustaron aos comensais, como o ovo cocido e os picatostes xa incorporados no consomé ou a inclusión de viño blanco. Tamén a elaboración cambiou de mans e nesta ocasión correu por primeira vez por conta da empresa Mantesil.

Polo demais, o multitudinario xantar desenvolveuse coma sempre, contando con grandes e animados grupos chegados dende A Rúa e tamén de pobos da bisbarra, ademais dunha delegación de Alendralejo, vila irmanada coa Rúa. Un dos grupos máis numerosos foi coma sempre o da mesa de Sixto, cos membros uniformados cunha simpática camiseta coa mensaxe “Codilovers 2017” e a imaxe do porquiño que nos últimos anos se ten convertido na mascota da festa.

A xornada festiva completábase coas homenaxes no CCA pola mañá, e os cantos de taberna polos bares da vila, xa pola tarde-noite.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button