PolíticaÚltima hora

O deputado popular Moisés Blanco destaca no Parlamento a importancia da lousa en Valdeorras

O deputado autonómico do PP, Moisés Blanco.

Moisés Blanco Paradelo, deputado do PP no Parlamento galego, defendía o 8 de maio nunha intervención nesta cámara a importancia do sector da lousa en Valdeorras, integrado por 45 empresas nas que traballan 2.400 persoas e que, “a pesar da crise, segue a ser o motor económico máis importante e a principal fonte xeradora de emprego na comarca”.

Aseguraba tamén que “queremos aproveitar os recursos autóctonos de Galicia e contar cun sector da minería máis moderno, sustentable e competitivo”, fronte ás “políticas de persecución ata o afogamento do sector que pretende En Marea”. E destacou que “non existen políticas de tolerancia coa actividade contaminante” e que “durante os últimos 20 anos as empresas e administracións teñen traballado conxuntamente para tratar de reducir o impacto ambiental, facendo obrigatorios os avais e plans de restauración”.

Artigos relacionados

Back to top button