Aparecerá no pograma de “Comando Actualidad” que se emitirá na noite do 4 de xuño co título “Búscanse obreiros”
O sector da colocación da lousa de Valdeorras aparecerá no vindeiro programa de “Comando Actualidad” que televisión española emitirá en La1 na noite do 4 de xuño, despois de MasterChef, ás 1:25h.
A reportaxe levará por título “Búscanse obreiros” e estará adicada ao mundo da construción. Entre as empresas e os sectores que poderán verse na reportaxe estará CUFA, Cubiertas e Fachadas Ventiladas, con sede no Barco, que amosará como é a profesión da colocación de lousa.
Fotos cedidas.