OurenseÚltima hora

V edición de Megaxove, do 5 ao 8 de decembro en Expourense

O salón ofrecerá máis de cen actividades de lecer e deportivas
Presentación de Megaxove.
Presentación de Megaxove.

Entre o 5 e o 8 de decembro, celebrarase en Expourense, a V edición de Megaxove, a feira que ofrecerá máis de 100 actividades de lecer e deportivas e converterá Ourense no punto de encontro da mocidade galega que participará de forma activa durante a ponte da Constitución.

Expositores e entidades colaboradoras con Megaxove elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao Medio Ambiente. “Valores, todos eles, que dende a Xunta de Galicia non podemos deixar de apoiar e estimular e, por iso, un ano máis, tanto a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado como a Secretaría xeral para o Deporte súmanse a este proxecto como colaboradores” asegurou Rogelio Martínez, na presentación do evento que tiña lugar na mañá do 3 de novembro.

O delegado territorial salientou o carácter interxeracional do salón, no que pais e avós acompañan e comparten actividades cos máis pequenos.

Artigos relacionados

Back to top button