A presenza do lobo está deixándose sentir este verán especialmente en Vilariño de Conso. Nas últimas semanas varios rabaños sufrían os seus ataques en aldeas como Sabuguido, Entrecinsa ou na propia vila de Vilariño de Conso.
Entre eles estaba o rabaño de Pedro Fernández. Hai dúas semanas o lobo matáballe 10 ovellas das 17 estaban pastando nun prado cercado próximo a Vilariño. Desas dez que mataba, unhas catro estaban preñadas e había dous machos e as outras estaba recén paridas.
Tan só aparecían comidas dúas, por iso sospeitan que se trata de dous exemplares de lobo. Este ataque producíase a mediodía nunha zona pola que acostuman pasear os veciños, de feito un mozo que viña do río chegaba a ver a un dos lobos.
Ademais os veciños cren que posiblemente non sexan os mesmos lobos que atacaron aos rabaños das outras aldeas.