A acción forma parte da campaña “Recicla, respira e supérate. Únete ao Reto!”
Despois dos grafittis, a iluminación da casa consistorial e a isntalación dun contedor amarelo xigante na praza do Concello, continúan as accións da campaña “Recicla, respira e supérate. Únete ao Reto!”. Desta volta foi da man de dúas bicicletas coa imaxe da campaña que na mañá do 29 de xuño visitaban O Barco de Valdeorras.
Dúas rapazas, representantes da empresa promotora (Ecoembes), percorreron as rúas da vila sobre estas bicicletas informando aos viandandantes sobre a campaña, ao tempo que visitaron comercios e locais de hostalaría para ofrecerlles como agasallo uns vinilos que poderán, se queren, colocar nos seus escaparates.
A visita repetirase a vindeira semana, o venres 6 de xullo.
Fotos: Mónica G. Bellver.