Na noite do 27 de xullo podía gozarse dun espectáculo astronómico moi especial: o eclipse de lúa máis longo do século, unha hora e 43 minutos. Ademais, a noite coincidía con outro chamativo fenómeno a “lúa de sangue”, denominado así polo ton vermello que adquire o satélite.
Nesta galería de fotos amósase como podía verse a lúa dende o Barranco Rubio, na Rúa, un lugar escollido por moitas persoas para desfrutar desta asombroso espectáculo.
Moi preto da lúa podía tamén observarse no ceo nocturno a Marte como un punto brillante e vermello.
Fotos: Afer.