O vindeiro luns día 6 de agosto, inícianse as XXXV Xornadas de Folclore que levarán a música e o baile procedente de diferentes países do mundo pola provincia de Ourense. A gala de presentación será ese mesmo día no Teatro Principal e a seguinte data será xa no oriente ourensán.
Bande e A Pobra de Trives son este ano os concellos que abren as xornadas. Así, o martes 7 de agosto, o patio de Santa Leonor de Trives acollerá, a partires das 22:30h.,as actuacións de tres países: Colombia coa Compañía Artística Danzar procedente da cidade de Cali; Ucraína, representada polo grupo Poltava Ensemble of Song, Music and Dance, chegado dende a cidade de Regina; e Tahití co grupo Hei Show Tamure, procedente da cidade de Toulon.
As xornadas recalarán en Manzaneda ao día seguinte, no Barco de Valdeorras o día 9, na Rúa o 10 e en Viana do Bolo o 12.