Continúan as actividades de verán na Pobra de Trives, desta volta cunha combinación entre deporte, natureza e cultura. Un grupo de máis de 50 perdoas de todas as idades participaban na IV ruta de sendeirismo familiar que se celebraba na mañá do 7 de agosto.
Antes das nove e media grandes e pequenos achegábase ata Sobrado para comezar o percorrido, adentrándose entre soutos de castiñeiros. Compartindo parte da ruta co concello de Manzaneda, tras cruzar o río San Lázaro a comitiva chegaba ata o castiñeiro de Pombairiños, en Rozavales. E xa no centro da vila, os camiñantes puderon coñecer algo máis da súa historia e pasado medieval pasenado polas empedradas rúas.
Con máis de media ruta feita seguiron descendendo ata o río San Lázaro, para regresar ao concello da Pobra de Trives, chegando, trala última pendente, ao punto de partida en Sobrado. Alí tiña lugar o broche da ruta: a visita ao mosteiro do século XII con Ana García Earley, profesora de historia e arte, como guía por esta parte do patrimonio cultural trivés.
A ruta contou como cada martes, co acompañamento de Protección Civil de Trives.
Fotos: Concello da Pobra de Trives.