DeportesÚltima hora

Un membro do Club Peña Trevinca Barco no Mont Blanc

O atleta José López García “Parra” completaba a dura carreira despois de 25 horas

Desafío Somiedo, 101 Peregrinos, Powerade Quiroga Trail Challenge-Trail Do Castelo ou Desafío Cantabria, son algunhas das carreiras ultra trail nas que ten participado o atleta José López García “Parra”, membro do Club Peña Trevinca Barco. E agora, vén de coroar unha preto do Mont Blanc.

Tal como informa outro membro do club, presente na zona, “despois dunha saída no lado italiano Couayeur, o noso amigo “Parra” empezou moi ben e ata o Km 45 xenial, pero a partires de aquí empezou a chover e a baixar a temperatura. A noite foi longa con temperaturas por debaixo de 0ºC e o cansancio empezou a facer mella. Xa amencendo e sabendo que quedaban poucas horas foi gardando forzas para poder chegar nas mellores condicións físicas”. Así, cun amencer xa sen chuvia e boa temperatura entraba meta ás 10:20h. “despois de pasar 25 horas de carreira. Chegou cansado pero completo”.

Co seu esforzo, demostrou unha vez máis que todo é posible. “É un crack para o noso pequeno club”, aseguran dende a sección de orientación do Peña Trevinca Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button