O partido contra o C.D. Espadana será este domingo 30 de setembro ás seis da tarde
Os afeccionados ao fútbol da Rúa e doutros pobos da contorna, teñen unha cita este domingo no campo do Aguillón. Pero non será para ver xogar ao conxunto rues (aos de Javi Ferrer tócalles xogar fóra) senón aos rapaces do C.D. Viana.
O campo de fútbol das Carrelas está en obras e o céspede aínda non está listo para acoller un partido. Por iso, o C.D. Viana leva xogados os tres partidos do que vai de liga como visitante. Nesta ocasión, para disputar o correspondente á cuarta xornada ante o C.D. Espadana, solicitaron facelo no campo do C.D. Rúa.
A cita será o 30 de setembro ás 18 horas.