Dobre cita co escenario neste mes de outubro en Viana do Bolo. O Concello organizará o III Ciclo de Outono Teatral da vila que incluirá dúas representacións na Casa da Cultura. A primeira delas está programada para o vindeiro sábado 6 de outubro ás 19:30h Trátase de “Duncan de Palleiro” de Lila Teatro.
Ademais para o venres 19 de outubro ás 20:30h. está prevista a obra “Normas para saber vivir na sociedade actual”, da compañía ourensá Sarabela Teatro.