DeportesÚltima hora

O campionato de karate do Barco de Valdeorras rendirá homenaxe a José L. Puente

A primeira edición do memorial celebrarase o sábado 10 de novembro no pavillón de Calabagueiros
Karateka nunha edición anterior do campionato do Barco. /Foto: Mónica G. Bellver.

En setembro fixo un ano do falecemento de José Luis Puente Murias, moito máis que un mestre e adestrador, todo un referente no mundo do karate. Unha perda que todo Valdeorras chorou e que este sábado 10 de novembro lembrará con cariño.

Será no 1º Memorial José Puente, o campionato de karate do Barco de Valdeorras que se celebrará a partires das 16:30h. no pavillón de Calabagueiros. Organizada polo Club River Stone en colaboración co Concello, á cita acudirán deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete.

 

José Luis Puente Murias recollendo un premio no Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button