Tras un proceso lento e moi traballado, o primeiro disco do valdeorrés Miguel Arias xa é unha realidade. Contra viento y marea é unha autoprodución formada por oito cancións de temática moi variada, dende o amor ata a crítica social e mesmo Valdeorras. Con temas como Eras tú, Morriña de ti, Érase una vez ou Lágrimas cristalinas, o autor pretende que “a xente escoite o disco, que peche os ollos fuxindo da voráxine do día a día, e que pare a pensar do que fala cada un e se deixe levar”, porque son cancións que cada persoa pode facer súa.
Neste traballo discográfico tan persoal, do que se sinte especialmente orgulloso, o vocalista natural de Arcos (Vilamartín) está acompañado por Álvaro Manzanas (director musical) e Miguel García (produtor), “ademais de toda esa xente que me apoia e estivo sempre aí” a quen lle rinde unha homenaxe.
O disco xa está á venda en Ton y Son xunto ás entradas para a presentación que terá lugar o 5 de decembro ás 20:30h. no Teatro Lauro Olmo. Alí, Miguel estará acompañado por Álvaro ao piano e haberá sorpresas “quero facer algo moi cercano e involucrar ao público”, asegura, engadindo que ese día estarán tamén todas as cancións nas principais plataformas dixitais.
A entrada custa 7,50 euros antipada e 9 euros en taquilla. Anticida máis o CD, 15 euros.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.